Adiós Ríos, Adiós Fontes

Amancio Prada

Adiós, ríos; adiós fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criey, hortiña que quero tanto figueiriñas que prantey, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡adiós contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoço por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quén pudera non deixar...! Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pay se enterróu, herbiñas que biquey tanto, terriña que nos crióu. Xa se oyen lonxe, moy lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ay !, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oyen lonxe, máis lonxe... Cada balada é un dolor ; voume soyo, sin arrimo... Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós! ¡Adiós tamén, queridiña...! ¡Adiós por sempre quizáis...! Dígoche este adiós chorando dende a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... Tantas légoas mar adentro.. ¡Miña casiña! ¡meu lar! Adiós, ríos; adiós fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos. Non sei cando nos veremos.

Watch the song video
Top songs from Amancio Prada
Playground Sessions Course Banner
Did you ever dreamed on playing piano?

Playground Sessions is a revolutionary new way to learn music and play the piano. No more boring courses. The adaptive videos automatically adjust to your skill level. Plus, you’ll receive regular feedback on your progress each week, plus a personal training plan from a professional piano teacher.

Start to play the piano instantly - and have fun doing it!